Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Mozart: Kyrie da “Grande Misa” en “dó menor” KV 427 (417a)

O grupo Ronseltz publicou en 1994 a antoloxía Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados, e “decidiu disolverse amigablemente por non reunir os requisitos de Petersen para constituír unha xeración”.

Os seus poemas poden ser breves como un haiku ou un aforismo, pero teñen ás veces un dobre sentido realmente contundente. Ris coa súa banalidade e estremeces coa profundidade da súa metalinguaxe:

O poema é unha pedrada na cabeza.
Por iso lles recomendamos aos leitores que usen casco.

Moitas obras de arte, como a que me ocupa hoxe, a “Grande Misa” en “dó menor” de Mozart, parecen banais a primeira vista. Cando miras as primeiras notas do Kyrie ves un simple arpeggio, pero logo fai como Bach cando comezaba unha fuga: móstrache unha pedra e logo constrúe unha catedral enriba. Eu, que non usaba casco, levei “unha pedrada na cabeza” que nunca poderei olvidar, escoitando esta música na casa de Luís Mariño, quen na altura dirixía o programa da TVG Moderato Cantabile, e que en paz estea.

A primeira versión ten o Kyrie completo, interpretado polo Chor und Symphonieorchester des Bayerischen Rundfunks, e a soprano Arleen Auger, todos eles dirixidos por Leonard Bernstein:

Nunha versión moi distinta, podemos escoitar o final do Kyrie e o primeiro número do Gloria, cantados polo Tölzer Knabenchor:

Podemos segui-la música coas partituras da Neue Mozart-Ausgabe (Digital Mozart Edition). Para non perderse será útil coñece-lo número do catálogo Köchel, en alemán Köchel-Verzeichnis, de aí a abreviatura KV ou simplemente K.

Este catálogo pretendía ser cronolóxico, e a orde foi corrixida polos sucesivos editores (hai máis problemas, poden aparecer obras descoñecidas que aumentan o catálogo; outras obras atribuídas a Mozart resultan ser doutro compositor…). Por iso a “Grande Misa” en “dó menor” ten dous números, era KV 427 na primeira edición, pero posteriores revisións déronlle o KV 417a.

Por último, debemos ter presente que esta misa, igual que sucede coa de Requiem (KV 626), chegounos incompleta e hai que recorrer aos arranxos, feitos por musicólogos varios, para podela escoitar con todos os movementos habituais da misa en canto “forma musical”. Unha verdadeira lástima…

10 Agosto 2007 - Posted by | Galicia, Humour, Johann Sebastian Bach, Language, Literature, Mozart, Music, Poetry, Vocal music

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s