Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

MSF report on their recent work in Somalia

Médecins sans Frontières (en España, Médicos sin Fronteras, abreviado MSF) fixo en xullo un informe sobre as súas recentes actividades en Somalia. O informe de MSF (un PDF de 990 KB) leva por título “Reaching out: Médecins sans Frontières in Somalia”.

O traballo do persoal sanitario non debe de ser nada fácil en Somalia. So hai que pensar na vida dos seus pacientes… Un país en conflicto armado, sen Goberno desde hai 16 anos, con centos de miles de desprazados e refuxiados, con problemas graves de infraestructuras, malnutrición e epidemias, onde en moitos lugares so hai sanidade para quen a poida pagar, onde unha de cada dez mulleres morre no parto, e case un de cada catro nenos morre antes de cumpri-los cinco anos.

Relacionado: esta semana, como xa comentei aquí, publicouse outro informe, de máis de cen páxinas e elaborado por Human Rights Watch, sobre os crimes de guerra perpetrados en Somalia desde principios deste ano, tanto polas guerrillas como polos exércitos de Somalia e Etiopia. O informe de HRW titúlase “Shell-Shocked: Civilians Under Siege in Mogadishu”.

P. S. (19 – VIII – 2007): recordei agora que hai uns meses puxen aquí uns poemas de Gloria Fuertes. Copio e pego de novo o titulado “Niños de Somalia”…

“Yo como.
Tú comes.
Él come.
Nosotros comemos.
Vosotros coméis.
¡Ellos no!”

Tamén recordei agora cal foi a máis destacada “intervención humanitaria” que os Estados Unidos levaron a cabo en Somalia este ano (debe de ser que alí non hai petróleo):

18 Agosto 2007 - Posted by | Gloria Fuertes, Human Rights, Human Rights Watch, Literature, Médecins sans Frontières, Poetry, Politics, Somalia

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s