Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Claudin de Sermisy: “Languir me fais”

Hoxe encontrei un vídeo onde un coro amateur ensaia unha peza de Claudin de Sermisy (ca. 1490 – 1562). Toquei un par de botóns e resultou que teñen varias transcripcións de “Languir me fais” na CPDL. Parece que a peza foi publicada por Pierre Attaingnant (tamén escrito “Attaignant”) no 1528, e que o texto é do poeta Clément Marot (ver máis abaixo).

A toma de sonido non é moi boa, pero pode máis o interese da peza, pequena pero preciosa (unha “moeda de ouro” como diría Kodály)…

God bless you all for sharing culture!

Texto (Chanson XIII de L’Adolescence Clémentine)…

Languir me fais sans t’avoir offensée,
Plus ne m’escriptz, plus de moy ne t’enquiers,
Mais nonobstant aultre Dame ne quiers:
Plus tost mourir, que changer ma pensée.

Je ne dy pas t’amour estre effacée,
Mais je me plainds de l’ennuy que j’acquiers,
Et loing de toy humblement te requiers
Que loing de moy, de moy ne sois faschée.

P. S. (5 – V – 2017). Un cretino dirá que as catro voces baixan desde o primeiro ó segundo acorde e que iso vai contra as “regras da harmonía”. Respondamos simplemente (eu máis non che sei) que é retórica renacentista, word painting da palabra “languir”, e deixemos aparte de onde vén a obxección: as gramáticas describen a lingua, os poetas créana. O pobo é o primeiro poeta, perdón por expresarme tan mal.

Outra versión, esta de Dominique Visse co Ensemble Clément Janequin

E outra máis, dirixida por Constantin Marin:

Parece mentira, pero é a mesma peza. Iso si, cantada cun criterio agóxico que non acerto a comprender, pero que tamén pode ter partidarios. De gustibus non est disputandum…

Advertisements

3 Setembro 2007 - Posted by | Attaignant, Kodály, Music, Sermisy, Vocal music

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s