Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

España: procesado por queimar unha foto dos “reis”

Non sei se en España estaremos a vivir unha “involución” no tocante á liberdade de expresión. Se hai dous meses tiñamos que falar do secuestro da revista El Jueves e do proceso ós humoristas que fixeran unha caricatura dos “príncipes”, agora temos que falar, ademais, do proceso a un independentista catalán por un violentísimo delicto que pon en perigo a seguridade do Estado: queimar unha foto dos “reis”.

Na prensa:

Cuestionar valores sagrados e aldraxar símbolos dos mesmos son delictos terribles nun sistema teocrático como o noso… ¿ou era democrático? Quizá dúbidas como a miña as poidan resolver algún día os alumnos que comezan agora a nova materia do currículo, “Formación do Espírito Nacional”… ¿ou era “Educación para a Cidadanía”?

O escritor e pedagogo Gianni Rodari, que formulaba miles de preguntas como método de creación, respondeu a unha delas con desacostumada contundencia: “¿Por que os reis son reis? Os reis son reis porque o din eles. Pero sono so mentras a xente llelo permite. Cando o pobo se dá conta de que os reis son persoas como as demais e ten forza abondo para botalos, proclámase a república. […]”

A ver se aprendemos.

22 Setembro 2007 - Posted by | Gianni Rodari, Human Rights, Politics, Spain

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s