Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Emilio Calatayud, Noam Chomsky e os “latchkey children”

Estes días estiven a ler unha conferencia pronunciada por Noam Chomsky no 1994, “Democracy and education”, que se inclúe neste volume:

  • Noam Chomsky: La (des)educación. Edición e introducción de Donaldo Macedo. Traducción de Gonzalo G. Djembé. Crítica, Barcelona, 2001. ISBN: 9788484322429.

Chomsky analiza lucidamente a relación entre, por unha banda, as políticas antisociais dos Gobernos e os beneficios das grandes corporacións, e, pola outra, as familias que non poden dedicar apenas tempo ós seus fillos, os novos “latchkey children” (os primeiros tiñan ó pai “servindo” ou morto na segunda guerra mundial). Estes “nenos da chave” soían levala pendurada do pescozo porque non había ninguén nas súas casas para lles abrir.

Non hai que ser psicólogo nin sociólogo para darse conta, como nos di Chomsky, de que o “fracaso escolar” e a delincuencia xuvenil teñen raíces case sempre fóra da escola. E nisto incide tamén o xuíz de menores Emilio Calatayud nunha conferencia que descubrín gracias á “Bitácora de Carlos Cabanillas” e que dura uns vinte minutos:

P. S. (12 – X – 2007): Máis sobre Emilio Calatayud

7 Outubro 2007 - Posted by | Education, Human Rights, Politics

Aínda non hai comentarios.

Deixar un comentario