Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

HRW press release: Security Council should impose arms embargo on Burma

Human Rights Watch publicou esta semana unha nota de prensa onde reclama que o Consello de Seguridade das Nacións Unidas impoña un embargo de armas ó Goberno de Birmania (Myanmar) polas reiteradas violacións dos Direitos Humanos nese país.

En realidade debería haber unha regulación estricta de toda transferencia de armas, porque moitas violacións dos embargos proceden de operacións “a tres bandas” ou de incumprimentos de “licencias de uso”.

A nota de prensa leva por título “Burma: Security Council Should Impose Arms Embargo. Weapons Sales by India, China and Russia Fuel Abuses, Strengthen Military Rule” e, ademais de sinalar no encabezado a India, China e Rusia, fala tamén das responsabilidades doutros países, como Corea do Sur, Corea do Norte, Israel, Brasil, Ucraína…

Tamén citan o informe “Indian helicopters for Myanmar: making a mockery of embargoes?” (elaborado por varias organizacións, entre elas Amnistía Internacional) onde se fala das responsabilidades dos Estados Unidos, Bélxica, Francia, Alemaña, Italia, Suecia, o Reino Unido…

Coma sempre, é fácil mostrar fotos da represión nas rúas de Birmania ou falar dos soldados españois feridos pola explosión dunha mina en Afganistán. Pero non é tan fácil encontrar noticias onde expliquen que Europa fabrica armas para Birmania ou que en España fabricamos minas. Ou que o mundo das finanzas está contaminado con estes negocios, como pode verse, por exemplo, na páxina do Centre d’Estudis per la Pau J.M.Delàs (Justícia i Pau).

12 Outubro 2007 - Posted by | Amnesty International, Belgium, Brazil, Burma (Myanmar), Centre Delàs, China, France, Germany, Human Rights, Human Rights Watch, India, Israel, Italy, North Korea, Politics, Russia, South Korea, Sweden, Ukraine, United Kingdom, United States

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s