Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

PortableApps.com

Coñecín a lista de correo de Fred Langa hai anos, gracias a unha magnífica bitácora, o Librillo de apuntes de Ramón Buenaventura. Hai case un ano, Fred Langa deixou a súa lista para colaborar (nemo solus satis sapit) na de Windows Secrets.

Hoxe chegoume o correo semanal de Windows Secrets e pareceume interesante, dado que as “chaves” de memoria USB (aka “pen drives”) teñen cada vez maior difusión e capacidade, o artigo asinado por Scott Dunn, “Free software on USB enables portable computing”.

En concreto, paréceme unha excelente colección de programas a ofrecida polo proxecto PortableApps.com, iniciado por John T. Haller. Hai versions dos programas que uso cotidianamente:

  • Mozilla Firefox
  • OpenOffice.org
  • VLC Media Player
  • FileZilla
  • Notepad++
  • 7-Zip

Todos estes son programas coa garantía do código aberto, un modelo onde a comunidade informa dos erros que encontra e resolve os problemas con moita máis rapidez e, sobre todo, transparencia que corporacións como Microsoft. Por algo o motto de Windows Secrets é “Everything Microsoft forgot to mention”. A lectura desta lista de correo é moi recomendable para usuarios deste sistema operativo.

19 Outubro 2007 - Posted by | Mozilla Firefox, Software

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s