Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

IMSLP closed due to “cease and desist” threats from a music publisher

É terrible que teña que cerrar un servizo tan importante para a difusión da cultura musical como o International Music Score Library Project (IMSLP). Entre os moitos miles de partituras de dominio público que estaban a aloxar encontrábase a Bach-Gesellschaft Ausgabe escaneada case por completo.

Polo menos, no caso da Bach-Gesellschaft Ausgabe temos unha alternativa: hai un escaneado na páxina einam.com/bach e os arquivos están no formato djvu, que pode abrirse, por exemplo, coa aplicación WinDjView.

Pero os miles de partituras dos séculos XVIII e XIX ós que accediamos músicos, afeccionados, profesores e alumnos, ¿onde os poderemos ver? O fundador do IMSLP era un voluntario e non tiña o soporte financeiro de ningunha institución ou corporación. Por iso decidiu cerrar todo o proxecto cando recibiu a carta dos avogados que, representando á editorial Universal Edition AG, o convidaban a “cease and desist”, isto é, pedíanlle que quitase algunhas partituras que segundo eles tiñan “copyright” en vigor.

Se ledes ese “cease and desist” vese que esa editorial ABUSA dos direitos de autor: os compositores que menciona e coñezo (aínda que sexa de oídas) morreron todos hai máis de 50 anos, e varios deles hai máis de 70 anos… Os que deberían difundir cultura vetan a súa difusión.

  • Mahler (1911)
  • Janáček (1928)
  • Alban Berg (1935)
  • Respighi (1936)
  • Szymanowski (1937)
  • Zemlinsky (1942)
  • Bartók (1945)
  • Richard Strauss (1949)
  • Schoenberg (1951)

A noticia en Slashdot: “Provider of Free Public Domain Music Shuts Down”.

A noticia en Ars Technica: “European copyright law used to threaten Canadian public domain site”.

P. S. (6 – VII – 2008). The IMSLP has reopened!

22 Outubro 2007 - Posted by | "Intellectual property", Education, Human Rights, Johann Sebastian Bach, Music, Politics

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s