Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Eva Piquer: “La chica del tiempo”

Andaba á procura de libros en español para ler na aula e, guiado polo instinto despois de pasa-los ollos por tres ou catro follas, comprei “La chica del tiempo” (SM, Madrid, 2000. ISBN: 9788434873025). A autora era para min descoñecida, Eva Piquer Vinent. Pola contracapa souben que o libro era unha traducción de “La noia del temps”, que gañou no 1996 o premio de literatura infantil “El Vaixell de Vapor”.

Lino dunha tirada. Encantáronme as frecuentes referencias ó Principiño (xenial obra do escritor e aviador Saint-Exupéry), así como a expresión directa e sen dramatismos dos conflictos da protagonista, unha nena de trece anos que vive unha historia fantástica sen deixar nunca de poñe-los pés na terra.

P.S. (9 – XII – 2007). Encontrei dous sitios onde se pode le-lo Principiño en español, coas ilustracións do autor incluídas:

8 Decembro 2007 - Posted by | Education, Literature

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s