Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Real Decreto 1494/2007

Publicouse no Boletín Oficial del Estado do 21 – XI – 2007 o “Real Decreto 1494/2007, de 12 de noviembre, por el que se aprueba el Reglamento sobre las condiciones básicas para el acceso de las personas con discapacidad a las tecnologías, productos y servicios relacionados con la sociedad de la información y medios de comunicación social”.

Tardaron un pouquiño en face-lo regulamento este… Case catro anos, pois é desenvolvemento da “Ley 51/2003, de 2 de diciembre, de igualdad de oportunidades, no discriminación y accesibilidad universal de las personas con discapacidad” (LIONDAU). ¿Teremos que conformarnos co “vale máis tarde que nunca”? Creo que nin iso, e se non hase de ver como se aplica na práctica.

Algo importante: a principal referencia normativa para os estándares das páxinas web das administracións públicas é a Norma UNE 139803:2004, titulada “Aplicaciones informáticas para personas con discapacidad. Requisitos de accesibilidad para contenidos en la Web”. Esta norma, á súa vez, recoñece a autoridade a nivel mundial do World Wide Web Consortium, facendo ademais referencia explícita ás directrices da Web Accessibility Initiative.

Tamén é histórico o recoñecemento de “discapacidade” para os usuarios de software distinto ó de Microsoft… :-D ¿Pagarán pensión por navegar con Firefox ou haberá que acreditar que se usa Linux?

P. S. Norma relacionada: Ley 11/2007, de 22 de junio, de acceso electrónico de los ciudadanos a los Servicios Públicos

16 Decembro 2007 - Posted by | Human Rights, Mozilla Firefox, Politics, Software, Spain

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s