Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Lasso: Kyrie I da Missa super “Susanne un jour”

“Susanne un jour” foi unha das chansons cuxo texto e cuxa música deron lugar a maior número de versións vocais e instrumentais durante o século XVI e principios do XVII. A versión máis coñecida non é a orixinal (dun tal Didier Lupi second), senón a de Orlando di Lasso (ca. 1532 – 1594), quen foi, xunto con Palestrina e Victoria, un dos cumes musicais da súa época.

Hoxe escoitamos, grazas ó canal en YouTube de lelutindecouves, o Kyrie I da Missa super “Susanne un jour”, que compuxo Lasso polo procedemento de parodia a partir da música da súa propia chanson:

Hai transcripcións da chanson de Lasso “Susanne un jour” no arquivo de obras de Orlando di Lasso na CPDL (Choral Public Domain Library). Desa fonte extraio o texto orixinal da chanson, escrito por Guillaume Guéroult (1507-1569) seguindo un relato bíblico (libro do profeta Daniel, capítulo 13):

Susanne un jour d’amour solicitée
Par deux viellards convoitans sa beauté,
Fut en son coeur triste et déconfortée,
Voyant l’effort fait à sa chasteté.
Elle leur dit: si par déloyauté
De ce corps mien vous avez jouissance,
C’est fait de moi. Si je fais résistance,
Vous me ferez mourir en déshonneur.
Mais j’aime mieux périr en innocence,
Que d’offenser par péché le Seigneur.

A historia de Susana é un dos textos bíblicos deuterocanónicos. Cando o lin no seu contexto chamoume a atención a lección de Direito Procesal que dá Daniel no xuízo. Considera unha inxustiza que se condene a Susana sen as mínimas garantías, e asume a defensa. Pide o interrogatorio por separado das testemuñas, demostrando a contradicción dos vellos e a inocencia de Susana.

Versión vocal da chanson “Susanne un jour” gravada por membros de Vox Luminis, en concreto Armelle Froeliger, Barnabas Hegyi, Philippe Froeliger, Olivier Berten e Lionel Meunier:

Outro vídeo, este con dúas versións de “Susanne un jour”, unha vocal e outra instrumental. A imaxe estática é un retrato de Gabrielle Renard coa blusa aberta, pintado por Renoir arredor do 1907. Os intérpretes son Wally Staempfli, soprano; Magali Schwartz, alto; Olivier Dufour, tenor; Philippe Huttenlocher, barítono; Michel Piguet, flauta de bico; Anthony Bailes, laúde:

13 Xaneiro 2008 - Posted by | History, Human Rights, Lasso, Lute, Music, Recorder, Visual arts, Vocal music

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s