Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega

Coñezo a través da bitácora “Brétemas”, que escribe Manuel Bragado Rodríguez, da existencia do Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG). Estamos diante doutro magnífico traballo do Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela), que xa elaborara un “corpus do galego moderno” chamado Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG). Copio e pego a información do propio sitio web do TMILG:

O corpus do TMILG abrangue, en números redondos, unhas 16000 unidades textuais distribuídas nun total de 82 obras, representativas das tres grandes categorías recoñecibles na produción textual da Galicia medieval: a prosa notarial, a prosa non notarial e a poesía (verso).

A prosa “notarial” é a que maior volume de texto achega ó TMILG, recollendo documentos de mosteiros, catedrais, concellos, particulares… A categoría “non notarial” abrangue a prosa histórica, literaria, xurídica, relixiosa e técnica. Dentro da “poesía” inclúense a lírica trobadoresca dos séculos XII a XIV, profana (cantigas de amigo, de amor, de escarnio e lais de Bretaña) ou relixiosa (Cantigas de Santa Maria), e a denominada “escola galego-castelá” (séculos XIV e XV).

Para o estudo da lexicografía galega son interesantes tamén os traballos do Seminario de Lingüística Informática (Universidade de Vigo) e do Centro “Ramón Piñeiro” para a Investigación en Humanidades.

15 Xaneiro 2008 - Posted by | Education, Galicia, Language, Literature, Poetry, Software

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s