Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Xa está “na rúa” o Spybot – Search & Destroy 1.5.2

Xa está disponible unha nova versión estable, a 1.5.2 (e parece que esta é realmente máis estable que a anterior) do Spybot – Search & Destroy, a magnífica e gratuíta ferramenta creada por Patrick M. Kolla.

Spybot – Search & Destroy detecta e elimina da computadora o spyware, adware e outros programas que se instalan sen pedirnos permiso, espían a nosa navegación e ás veces son realmente molestos, “secuestrando” incluso a páxina de inicio do navegador.

Antes de nada, convén instalar en toda computadora que funcione baixo Windows e teña conexión a internet as actualizacións de Windows Update, un antivirus (por exemplo, a versión gratuíta do AntiVir) e un firewall (por exemplo, a versión gratuíta do ZoneAlarm). Outros programas como o citado Spybot Search & Destroy e o SpywareBlaster complementan a seguridade, que comeza, claro está, polo sentido común… :-)

30 Xaneiro 2008 - Posted by | Software

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s