Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Premios “Muralla de Lugo” de Debuxo e Redacción Infantís

Actualizado o 23 – I – 2010. Copio e pego da páxina Premios “Muralla de Lugo”:

Con motivo do 9º aniversario da concesión do título de Patrimonio da Humanidade a favor do monumento, a Xunta de Galicia, o Excmo. Concello de Lugo, a Vicepresidencia Primeira da Excma. Deputación Provincial de Lugo, a Universidade de Santiago de Compostela, Caixanova, Telelugo e El Progreso, convocan a X Edición dos Premios Muralla de Lugo de Debuxo e Redacción Infantís.

BASES

Idade
A idade máxima para participar é de 12 anos.
Características dos traballos
Debuxo: A lapis, bolígrafo, pluma, cera, rotulador ou similares. O formato non pode ser superior a 30×30 cm.
Redacción: Non debe superar os 3 folios (A4) escritos a man por unha soa cara. Pode ser escrito en castelán ou galego.
A temática
Tanto o debuxo como a redacción deben xirar arredor da Muralla romana de Lugo, a paz, a solidariedade e o respecto ao medio ambiente ou todos aqueles valores que contribúan manifestamente á concordia, á convivencia e o entendemento entre os pobos do mundo, sendo referencia obrigatoria a Muralla Romana de Lugo.

O autor poderá presentar un máximo de 2 traballos por modalidade (debuxo e redacción)

Deberá remitilos nun sobre cos seus datos persoais (nome e apelidos, idade, centro educativo, enderezo e teléfono de contacto) ao diario El Progreso (Rúa Puro Cora 3, 27002 Lugo).

O prazo de presentación finalizará o 26 de marzo de 2010 e o xurado, formado por un representante de cada un dos convocantes, dará a coñecer o seu resultado nas páxinas de El Progreso.

O xurado non devolverá ningún dos traballos e estes poderán formar parte de suplementos, especiais, exposicións, etc. En todos os casos citarase aos autores dos traballos.

A presentación ao concurso supón a aceptación de tódalas bases correspondendo ao xurado calquera interpretación das mesmas, así como decidir sobre calquera eventualidade non prevista na convocatoria. Esta decisión será inapelable.

PREMIOS

Redacción
500 euros e unha viaxe cultural a París para 3 persoas.
Debuxo
500 euros e unha viaxe cultural a París para 3 persoas.
Grupo de traballos
2 premios de cadanseus equipos informáticos, un en cada categoría, para as aulas informáticas dos centros que presenten o mellor grupo de traballos, valorándose tanto a cantidade como a calidade do conxunto.
Mestres-titores
Establécense tamén 2 premios de cadansúas cámaras dixitais, un en cada categoría, para os mestres-titores de cada gañador.
Outros
Diploma nominativo a tódolos participantes que os nomea ‘Defensor da Muralla’.

17 Febreiro 2008 - Posted by | Education, Galicia, Visual arts

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s