Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Blog “Redes Cristianas”

Acabo de encontrar un blog onde se publican noticias do que poderíamos chamar “a esquerda” da Igrexa Católica: “Redes Cristianas”. Sempre me pareceu que hai xente moi boa nestes grupos de crentes, pero non entendo dúas cousas.

A primeira, como é que aínda non os botaron fóra. A iso eu respondo cunha hipótese: a Igrexa Católica quere chegar a tódolos recunchos da sociedade, “contaminalo” todo, convenlle dar unha imaxe de pluralidade e ademais obtén réditos do labor social desinteresado que fan estas persoas.

A segunda, como é que non se botaron eles fóra. Para iso non teño hipótese razonable ningunha. A non ser que padezan “síndrome de Estocolmo”, ten que ser insoportablemente alienante a contradicción entre a fe comprometida desta xente e o dogmatismo, o machismo e a ausencia de compromiso social da hierarquía…

Aínda correndo o risco de empregar un discurso demasiado superficial, ¿por que tantos cidadáns de a pé din (ou dicimos) “crer en Deus pero non nos curas”?

20 Marzo 2008 - Posted by | Religion

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s