Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Horario de verán: adianto dos reloxos este domingo

O cambio deste domingo non vai facer que os rapaces entren nas aulas antes de que saia o sol, pero si vai provocar que moitos rapaces que se erguían coa luz do sol pasen a facelo de noite. Iso afecta ó rendemento, pero quizá ás autoridades non lles preocupe tanto a función educativa da escola como a función asistencial: que os nenos estean estabulados, alimentados e gardados das inclemencias meteorolóxicas. Os adultos sumamos unha alienación máis á longa lista, e se non nos rebelamos contra outras piores, esta so a comentamos como anecdótica…

Escribía eu hai cinco meses na anotación “Horario de inverno: faltan tres semanas”:

A calquera que veña do centro de Europa (por exemplo de Hungría, onde eu pasei un mes de “visita académica” no Instituto Kodály) o horario de moitos escolares galegos, en certas épocas do ano, halle parecer antipedagóxico ou, como mínimo, extravagante.

Durante medio curso, moitos alumnos entran nas aulas antes de que saia o sol. Da hora á que se erguen non falemos. Coñezo unha parroquia de Agolada onde o autobús que os leva pasa hora e media antes do comezo das clases, que son nun instituto de Lalín…

Na páxina de MeteoGalicia podemos consulta-las horas, para calquera data, de orto e ocaso do sol nas cidades galegas (para calquera outro lugar do mundo, podemos usa-la Sunrise / Sunset Calculator).

O cambio entre horario de inverno (UTC + 1) e horario de verán (UTC + 2) vén regulado en Galicia, como no resto de España, polo “Real Decreto 236/2002, de 1 de marzo, por el que se establece la hora de verano” publicado no BOE do 2 – III – 2002. Prodúcense estes cambios, coordinadamente en toda a Unión Europea, o último domingo de marzo (adianto dos reloxos) e o último domingo de outubro (atraso dos reloxos).

Pero o que falla en Galicia é claramente perceptible ó cruza-la fronteira portuguesa: estamos no fuso horario equivocado…

28 Marzo 2008 - Posted by | Galicia, Nature, Politics, Spain

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s