Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

La apuesta de las administraciones españolas por el software libre

Leo na lista de correo da Asociación de Internautas que o temario para acceder ás prazas de auxiliar administrativo no SESCAM (Servicio de Salud de Castilla-La Mancha) inclúe os seguintes temas:

Tema 19. Windows XP: fundamentos…
Tema 20. El explorador de Windows…
Tema 21. Procesadores de textos. Microsoft Word 2002…
Tema 24. Hojas de cálculo. Microsoft Excel 2002…
Tema 27. Bases de datos. Microsoft Access 2002…
Tema 29. Internet… Internet Explorer 6…
Tema 30. Correo electrónico. Microsoft Outlook 6…

Todo isto a pesar de que a Comunidade Autónoma ten unha “distribución” Linux propia… Que algunhas aplicacións sanitarias usen Windows non debería impedir unha introducción do software libre no traballo administrativo, cando menos da suite ofimática alternativa OpenOffice.org [desde outubro do 2010, LibreOffice], da que xa falei aquí:

Millóns de persoas, institucións e empresas usámola como alternativa (libre e gratuíta) ó coñecido Microsoft Office.

O aforro non é a única vantaxe. Vou mencionar tres máis:

  • o código aberto permite que programadores de todo o mundo colaboren na millora dos programas
  • o uso de estándares abertos permite o intercambio universal de documentos sen depender dun programa ou sistema operativo determinado
  • non so hai versión para Windows, tamén hai versións para Mac, Linux e outros sistemas operativos

8 Abril 2008 - Posted by | Politics, Software, Spain

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s