Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Oposicións ó corpo de mestres en Galicia

Aínda faltan un par de días para que saia publicada no Diario Oficial de Galicia, pero xa está disponible o texto da convocatoria de oposicións ó corpo de mestres (“Orde do 9 de abril de 2008 pola que se convoca procedemento selectivo de ingreso no corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia”) no portal educativo da Consellería de Educación.

Unha novidade: a solicitude deberá efectuarse por internet, aínda que haberá que imprimila e presentala nos tempos e lugares “tradicionais”…

Outra novidade: en especialidades de idiomas modernos, a programación redactarase integramente no idioma correspondente. Nas restantes especialidades a programación redactarase en lingua galega.

Estas novidades tamén aparecen na convocatoria de secundaria (“Orde do 9 de abril de 2008 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, e profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos anteditos corpos da Comunidade Autónoma de Galicia”).

O que non constitúe novidade, porque xa se fixo o ano pasado, pero na miña opinión resulta un procedemento bastante discutible desde o punto de vista ético, é que os interinos poidan obter un 10 nunha das probas sen facela, so coa presentación do “informe”.

Non estou a negar que certos colectivos necesitan unha consolidación de emprego (algo que tamén demanda a LOE), pero esta forma en particular é aberrante, porque os “informes” teñen garantida a máxima nota. Isto rompe algo máis que as leis da Estatística. Ademais de consolidar empregos, a Consellería consolida deste xeito a idea de que as garantías xurídicas do noso Estado de Direito son ficticias, aparentes, unha ilusión.

P. S. (11 – V – 2009). Hoxe sae no DOG a convocatoria deste ano, xa é a terceira con “informe”: Orde do 8 de maio de 2009 pola que se convoca procedemento selectivo de ingreso no corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

14 Abril 2008 - Posted by | Education, Galicia, Politics

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s