Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Para un país lonxíncuo e misterioso

Johan Vicente Viqueira López-Cortón (1886 – 1924) destacou, a pesar da súa delicada saúde, como filósofo, psicólogo, pedagogo, traductor, profesor, escritor e político galeguista, ademais de ser músico e compositor amateur. O seu nome aparece escrito, segundo a fonte, doutras varias formas (Xoán, Xohán, Xohan, Johán…) e o seu apelido pode encontrarse tamén como “Biqueira”. Usaba o “j” en galego porque defendía o progresivo achegamento á ortografía histórica (postura similar á hoxe coñecida como reintegracionista).

Viviu a súa infancia e morreu na parroquia de Vixoi (Bergondo), e foi enterrado no cemiterio civil de Ouces (no mesmo concello). Estudiou na Institución Libre de Enseñanza e logo en París e Alemaña. Chegou a ser presidente das Irmandades da Fala da Coruña. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1974. Para saber máis sobre el pode verse a biobibliografía elaborada polo profesor Antón Costa Rico para o Consello da Cultura Galega.

Hoxe traio aquí un soneto seu, segundo o texto editado por Francisco Fernández del Riego:

Para un país lonxíncuo e misterioso
en vagos soños emigra cada día
miña alma, cal linda cotovía
buscando o ceu en tempo deleitoso.

Lixeira, vai voando ao cobizoso
curruncho, todo ben e louzanía,
en brétemas envolto de poesía,
abalado dun cántico armonioso.

¿Sabes tí dónde queda, miña amada,
este país dunha eternal ventura
que nunca o foi, nin o será igualada?

Nos brancos brazos teus todos tenrura,
no amoroso fulgor da túa mirada,
dos teus beizos na cálida dozura.

É inevitable ver aquí un recordo dun dos poemas ós que máis compositores puxeron música, normalmente en forma de lieder (entre eles Beethoven, Schubert e Schumann): “Kennst du das Land, wo die Zitronen blühn…?” (¿Coñeces ese país onde medran os limóns…?), escrito por Johann Wolfgang von Goethe.

Nunca saberemos que podería dar Viqueira á cultura galega se non morrese antes de cumprir 38 anos…

30 Abril 2008 - Posted by | Education, Galicia, Language, Literature, Music, Philosophy, Poetry, Politics, Vocal music

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s