Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Lazarillo de Tormes

La vida de Lazarillo de Tormes y de sus fortunas y adversidades é unha novela española anónima, publicada por primeira vez no 1554 e considerada precursora da novela picaresca.

Encontrei esta novela e outros recursos para o estudo da lingua española na páxina de Sergio Zamora. Aínda que posiblemente sexa millor consulta-lo texto desta novela na Biblioteca Virtual “Miguel de Cervantes”.

Oxalá as obras de cultura fosen todas libres, ou polo menos propiedade dos autores, porque o acceso á cultura é un direito humano inalienable, e agora as obras están na súa maioría secuestradas polas corporacións editoriais, e ese delicto está amparado de feito, e ás veces de direito, polas administracións públicas, case sempre poñendo como excusa o que chaman falazmente “direitos de autor”. Isto é o que di Lázaro de Tormes no prólogo:

[…] ninguna cosa se debería romper ni echar a mal, si muy detestable no fuese, sino que a todos se comunicase, mayormente siendo sin perjuicio y pudiendo sacar de ella algún fruto. Porque, si así no fuese, muy pocos escribirían para uno solo, pues no se hace sin trabajo, y quieren, ya que lo pasan, ser recompensados, no con dineros, mas con que vean y lean sus obras y, si hay de qué, se las alaben. Y, a este propósito, dice Tulio: «La honra cría las artes». […]

5 Maio 2008 - Posted by | "Intellectual property", Education, Literature, Politics

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s