Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Pena Trevinca e o teixedal de Casaio

Manuel Gago Mariño, autor dunha das millores bitácoras en lingua galega, “Capítulo 0”, convídanos a visitar xoias naturais pouco frecuentadas: Pena Trevinca e o teixedal de Casaio, na fronteira entre a comarca de Valdeorras e as provincias de León e Zamora.

Fixo para nós itinerarios con mapa e vídeo incluídos. A montaña sempre merece a pena, pero estamos avisados de tres inconvenientes: a) o teixedal é de grande importancia ecolóxica pero é pequeno, nada “espectacular”; b) o camiño é longo e difícil; e c) teremos que atravesar paisaxes horriblemente degradadas (isto podo confirmalo, estiven en Casaio) pola mala xestión das canteiras de lousa (se falas galego e non entendes “lousa” é porque moita xente usa a palabra española “pizarra”).

As anotacións son de onte e de antonte. Aquí están os enlaces:

8 Maio 2008 - Posted by | Galicia, Geography, Nature

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s