Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Firefox 3 Download Day

Por fin chega o momento para instala-la nova versión estable do millor navegador, Mozilla Firefox 3. No lanzamento mundial queren entrar no libro Guinness dos records, cunha marca millonaria de descargas en 24 horas. O lugar sinalado é este: Firefox 3 Download Day.

As 24 horas comezan hoxe, 17 – VI – 2008, ás 10:00, hora de California (19:00 pola hora de Madrid). Isto quere dicir que, para entrar na conta do record, as computadoras domésticas europeas deben actualizarse esta tarde-noite (ou mañá antes das sete da tarde), mentras que na maioría das oficinas terán que facelo mañá.

Evidentemente a instalación do Firefox está altamente recomendada con independencia do Guinness e da cervexa en xeral… :-)

P. S. (3 – VII – 2008). Parece que os de Guinness fixeron oficial o record. Ninguén o intentara antes, así que non foi moi difícil… :-)

Parece que a marca quedou en oito millóns de descargas (8 002 530) e estes foron os dez países que máis contribuíron durante esas 24 horas, indicando cifras aproximadas:

  1. Estados Unidos (máis de 2 500 000)
  2. Alemaña (máis de 600 000)
  3. Xapón (case 400 000)
  4. España (como o resto desta lista, entre 200 000 e 300 000)
  5. Reino Unido
  6. Francia
  7. Irán
  8. Italia
  9. Canadá
  10. Polonia

17 Xuño 2008 - Posted by | Mozilla Firefox, Software

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s