Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Schütz: “Habe deine Lust an dem Herren” SWV 311 (Sebastian Hennig, René Jacobs)

É difícil cantar millor esta marabillosa peza de Heinrich Schütz (1585 – 1672), alumno de Giovanni Gabrieli e quizá tamén de Monteverdi

A obra leva o número de catálogo SWV 311 e pertence ó libro Kleine Geistliche Konzerte II (Leipzig, 1639). Hai unha transcripción desta obra coas voces e o baixo continuo na páxina de obras de Schütz no Werner Icking Music Archive.

A gravación foi realizada para Harmonia Mundi en maio do 1982 polo conxunto Concerto Vocale, destacando as voces do neno soprano Sebastian Hennig e do contratenor René Jacobs, acompañados por instrumentistas de primeira fila (William Christie, órgano; Christophe Coin, violonchelo; Konrad Junghänel, arquilaúde; Mihako Kimura e Staas Swierstra, violíns):

Este é o texto, tomado da páxina da Heinrich-Schütz-Haus Bad Köstritz. Corresponde a varios versículos do salmo 37 (36), en concreto 4, 5, 1, 2, 3, 4, 5, engadindo ó final “Alleluja”. As palabras seguen, con pequenas variantes ortográficas e prosódicas, a Lutherbibel 1545:

[4] Habe deine Lust an dem Herren, der wird dir geben, was dein Herz wünschet,
[5] befiehl dem Herren deine Wege und hoffe auf ihn, er wirds wohl machen.
[1] Erzürne dich nicht über die Bösen, sei nicht neidisch über die Übelthäter,
[2] denn wie das Gras werden sie bald abgehauen, und wie das grüne Kraut werden sie verwelken.
[3] Hoffe auf den Herren und tue Guts, bleib im Lande und nähre dich redlich.
[4] Habe deine Lust an dem Herren, der wird dir geben, was dein Herz wünschet.
[5] Befiehl dem Herren deine Wege und hoffe auf ihn, er wirds wohl machen.
Alleluja.

P. S. (30 – XI – 2011). Como o vídeo que tiña aquí “desapareceu” de YouTube, traio outra versión que tamén merece a pena. Cantan dous solistas do Tölzer Knabenchor:

20 Xullo 2008 - Posted by | Music, Schütz, Vocal music

6 Comentarios »

  1. gustoume bastante, e tendo en conta que so escoitaba rock e heavy eche algo raro, pero últimamente me fixo mais nas voces que no tipo de música e teño que recoñecer que son moi boas e me relaxan bastante, cousa que a miña idade xa iba sendo hora, agradecementos por este anaco de tempo agradable.

    Comentario por samufon | 20 Xullo 2008

  2. “Relajar” debería ser un verbo prohibido cuando se habla de barroco, la música exaltante por antonomasia.

    Comentario por irichc | 29 Setembro 2008

  3. Aunque creo comprender lo que subyace en tu comentario, yo no sería tan tajante. Es cierto que la música barroca, como la renacentista o la medieval, tiene mucha más vida de lo que algunos piensan, e incluso manifiestan con desprecio. Pero la recepción de una obra varía “según el individuo y su circunstancia”.

    Y recordemos asimismo que la palabra en cuestión (relajar) se usa con frecuencia para hablar de la resolución final en la tónica de la serie de tensiones creadas a lo largo de una obra tonal…

    Comentario por César Salgado | 29 Setembro 2008

  4. No sé si conocéis la versión del Tölzer Knabenchor (coro de niños de Bad Tölz) de los Kleine Geistliche Konzerte, publicados por Capriccio (los encontráis por ejemplo en Amazon). ¡Son magníficos, uno de los mejores álbumes de toda mi colección discográfica! Los niños solistas son geniales, os los recomiendo. ASimismo os invito a un blog en español sobre este coro:
    http://toelzerknabenchor.blogspot.com
    Ahí presento el disco junto con otros.
    Saludos.

    Comentario por Euterpe | 10 Novembro 2009

  5. He encontrado una página donde podéis adquirir los tres discos que conforman la colección de Pequeños Conciertos Espirituales de Schütz con el Tölzer Knabenchor a un precio muy barato, 17 euros y algo. Lo veis aquí Me encanta esta interpretación, a mi juicio es inmejorable. Si os pasáis en estos días por mi blog podréis oír un ejemplo de audio, el SWV 314. Gracias.

    Comentario por Euterpe | 14 Marzo 2010

  6. aquí os dejo el ejemplo de la versión a la que aludía arriba. Gracias.

    Comentario por Euterpe | 11 Maio 2010


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s