Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Michael Phelps e as etiquetas

Aplícanselle toda clase de etiquetas ó nadador Michael Phelps, que entrou como adolescente na elite da natación mundial, e máis desde que gañou oito medallas de ouro nos actuais “xogos olímpicos”.

Pero na escola aplicáronselle outras etiquetas moi diferentes. Diagnosticáronlle “trastorno por déficit de atención con hiperactividade” (TDAH, ou ADHD polas siglas en inglés) e chegaron a medicalo, como a centos de miles de nenos estadounidenses, con metilfenidato (comercializado por Novartis baixo as marcas Ritalin, Rubifen e Concerta, entre outras).

Se este diagnóstico e este tratamento, con toda a polémica que os acompaña, abondan para estigmatizar e marcar psicoloxicamente a un neno, aí non rematou o etiquetado escolar de Michael Phelps. Na rolda de prensa que deu logo de gaña-lo seu oitavo ouro, recordou as palabras que, ós 12 anos, lle dirixiu un profesor seu: “Nunca chegarás a nada na vida”. Este foi o non sequitur de Phelps: se tes un obxectivo, loita por el e poderalo conseguir.

Podemos concluír que Phelps conseguiu os seus éxitos a pesar desas escolas ás que asistiu e a pesar deses mafiosos que avergonzan ás profesións médica e farmacéutica (lamentablemente, non so nos Estados Unidos) ó lucrárense con métodos como o sobrediagnóstico (overdiagnosis) e a sobreprescripción (overprescription) de fármacos psicoactivos a nenos.

Recordo, para rematar, outro exemplo de etiquetado escolar xa comentado neste blog, na anotación Roald Dahl: “Historias extraordinarias”. Dahl encontrou o seu talento literario, como Phelps encontrou a natación, por casualidade. E repito, ¿cantos talentos frustraron e seguen a frustrar as nosas escolas?

19 Agosto 2008 - Posted by | ADHD, Education, Human Rights, Medications, Mental Health, Politics, Science

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s