Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Filippo Azzaiolo: “Vorrei che tu cantassi una canzone”

Filippo Azzaiolo foi un músico boloñés de cuxa vida non se coñece apenas nada. Da súa obra chegáronnos os tres libros de villotte alla padoana a catro voces, publicados entre 1557 e 1569 baixo o título de Villotte del fiore.

Unha das pezas máis famosas de Azzaiolo, “Chi passa per sta strada”, serviulle ó grande compositor inglés William Byrd como base para unha obra súa.

Neste vídeo canta o Ensemble Vocale “Secolo XXI” do Centro Attività Musicale, dirixido por Eduardo Franco Rondina. A peza que interpretan xoga coas sílabas do solfexo, que ocultan unha mensaxe “erótico-festiva”:

O texto tomeino do marabilloso disco “Gentil madonna”, gravado no 1993 polo grupo London Pro Musica baixo a dirección de Bernard Thomas:

Vorrei che tu cantassi una canzone
quando mi stai sonando la viola,
e che dicessi “fa mi la mi sol la”.

Vorrei lo basso far col violone,
tutto di contrapunto alla spagnuola,
e che dicessi “fa mi la mi sol la”.

Esta peza non a encontrei, pero hai varias transcripcións de obras de Filippo Azzaiolo na Choral Public Domain Library.

27 Agosto 2008 - Posted by | Azzaiolo, Music, Vocal music

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s