Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Dinamización das “novas” TIC

Como este ano teño que facer cousas destas (aínda que as horas asignadas non cheguen), copio un extracto da Orde do 17 de xullo de 2007 pola que se regula a percepción da compoñente singular do complemento específico por función titorial e outras funcións docentes (DOG do 24):

[…]

Artigo 13º.-Definición da dinamización das tecnoloxías da información e da comunicación.

Nos centros educativos poderá designarse unha persoa encargada das tecnoloxías da información e da comunicación, que terá como obxectivo o mantemento cotián dos equipamentos informáticos do centro, así como o soporte no seu uso didáctico ao resto dos profesores do claustro.

Artigo 14º.-Funcións da dinamización das tecnoloxías da información e a comunicación.

En colaboración co profesorado de apoio, serán as seguintes:

  1. Dinamizar e impulsar o uso das TIC do centro.
  2. Mantemento cotián dos equipamentos informáticos do centro, constituíndo o primeiro nivel de soporte destes, contando co apoio, nesta tarefa, do asesor ou asesora TIC da zona, sempre que as circunstancias así o requiran.
  3. Dar soporte, no uso didáctico, do equipamento informático do centro, ao resto do claustro, contando co apoio, nesta tarefa, do asesor ou asesora TIC da zona, sempre que as circunstancias así o requiran.
  4. Elaborará, por requirimento do equipo directivo e das liñas directrices da Comisión de Coordinación Pedagóxica, o proxecto TIC e a organización e xestión dos medios e recursos tecnolóxicos do centro.
  5. Asesorar, de ser o caso, no mantemento do sitio web do centro.
  6. Aqueloutras funcións que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria estableza na súa normativa específica.

[…]

No portal educativo da Consellería hai unha presentación en diapositivas titulada “Plan de integración das tecnoloxías da información e a comunicación” onde veñen resumidos os obxectivos, o marco lexislativo e os aspectos a ter en conta no deseño dun plan TIC e tamén hai algúns enlaces, como as “Recomendacións para a redacción e deseño das páxinas web”.

11 Setembro 2008 - Posted by | Education, Galicia

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s