Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Mofos (plantas) e mofos (fungos)

É fácil confundir ós rapaces se lles chamamos “mofos” ás plantas clasificadas cientificamente na división Bryophyta. Opino que deberiamos chamarlles “musgos” en concordancia co español e co portugués… e porque “mofos” son tamén certos organismos do reino dos fungos (“mohos” en español, “mofos” ou “bolores” en portugués).

11 Outubro 2008 - Posted by | Education, Galicia, Nature, Science

2 Comentarios »

  1. Hola primo. Atopei a misma inconcordancia no currículo de 6º de primaria, a principio de curso, cando nunha fotografía vin un especimen que eu calificaría como musgo (briofito) co subtítulo de mofo. Efectivamente, tras consulta-los diccionarios (o xerais norma 2003 e o castelán-galego da Real Academia) vin que era correcto denominalo así, mais nesta zona de Laxe, a denominación para os galegofalantes é de “musjo” para as briófitas, e de “varola” ou “varolo” no caso dos fungos (moho). Tamén opino coma ti, que confunde ós nenos, mas, doctores tiene la iglesia…

    Comentario por Marcos Casás | 28 Outubro 2008

  2. Unha eiva máis da normalización lingüística… Para moitos mestres, e para demasiados profesores, as “Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego” (NOMIG) e o “Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega” (VOLGa) son como a Sagrada Escritura para os creacionistas. As palabras que non están, non existen, e deben evitarse sen reparar nos argumentos contrarios ou nas consecuencias.

    Comentario por César Salgado | 28 Outubro 2008


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s