Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Pronunciación de “x” en galego

En galego, a letra “x” pronúnciase de varias formas. Distinguirei dúas:

  • a maioritaria, que podemos identificar coa grafía inglesa “sh” en “shop” ou “fish”; é a que aparece en palabras patrimoniais galegas como “caixa”, “xamón”, “Sanxenxo”…
  • a que podemos identificar co grupo consonántico [ks]; encontrámola en cultismos e préstamos doutras linguas, como “saxofón” ou “tóxico”.

Algunhas palabras admiten dúas grafías, como “esaxerar / exaxerar”, “esixir / exixir”, “osíxeno / oxíxeno”, “sesaxesimal / sexaxesimal”… Consúltese ó respecto o punto 8.7 das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega).

O caso de haxiografía é estraño e non o inclúo na lista. A súa etimoloxía (do latín hagiogrăphus, e este do grego ἅγιος, santo, e do latín -grăphus) así como a súa evolución en linguas romances como o portugués (hagiografia) ou o italiano (agiografia) fanme pensar que os redactores do VOLGa cometeron un erro ó marcar esta palabra coa pronuncia [ks]. Quizá por iso o Dicionario de Galego online de Ir Indo non marca esa pronuncia en ningunha das palabras derivadas da raíz grega “haxio-” (santo).

Para as dúbidas podemos acudir ás fontes mencionadas: VOLGa (Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega, elaborado pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega) e Dicionario de Galego (Editorial Ir Indo).

Aí van algunhas palabras onde o “x” se pronuncia [ks]:

23 Novembro 2008 - Posted by | Education, Galicia, Language

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s