Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Secunia Personal Software Inspector (PSI) 1.0.0.1

Cada pouco saen parches que ofrece Microsoft para os seus sistemas operativos (Windows Update) e tamén saen versións novas que corrixen vulnerabilidades noutros programas, como o navegador Mozilla Firefox, o Flash Player, o Adobe Reader, o VLC media player

Leo na Windows Secrets Newsletter que Secunia, unha das empresas con millor reputación no sector da seguridade informática, publicou hai dúas semanas a primeira versión “non beta” dunha ferramenta que nos avisa dos programas que temos obsoletos e que ademais nos indica onde está a solución. O programa, Secunia Personal Software Inspector (Secunia PSI) 1.0.0.1, é gratuíto para uso privado. Encárgase de notificarche cando un programa necesita actualización e mesmo aforra o tempo de procura-los executables na internet: leva directamente ó sitio adecuado. Se non tedes moita memoria RAM podedes deixar que funcione so ó inicio da sesión e saír del despois.

9 Decembro 2008 - Posted by | Software

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s