Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

España: para obter un millor nivel de vida convén estudar

Copio (quem conta um conto, aumenta um ponto) unha anotación que facía a semana pasada o escritor e traductor Ramón Buenaventura no seu caderno de bitácora (Librillo de apuntes de Ramón Buenaventura). Os datos son do ano 2007 e veñen na Encuesta de Presupuestos Familiares publicada polo Instituto Nacional de Estadística español.

Relaciónase o nivel de acreditación académica (estudos) que posúe o “sustentador principal” (a persoa que máis aporta ó orzamento do fogar ou unidade familiar) co nivel de gasto por fogar e per capita, por esa orde:

  • Sen estudos ou con estudos de 1º grao: 23 398 €, 9 343 €
  • Educación secundaria, 1º ciclo: 31 091 €, 10 587 €
  • Educación secundaria, 2º ciclo: 35 458 €, 12 195 €
  • Estudos superiores non universitarios: 36 573 €, 12 840 €
  • Estudos universitarios, 1º ciclo: 40 028 €, 14 984 €
  • Estudos universitarios, 2º e 3º ciclo: 45 717 €, 16 827 €

Conclusión: en España, como regra xeral, para obter un millor nivel de vida convén estudar ou polo menos foilles conveniente ás xeracións actuais, aínda que todos coñezamos excepcións, como os “emprendedores” que chegaron a millonarios sen estuda-la secundaria ou os licenciados que traballan na caixa dun supermercado…

Corolario: como non se modifiquen as condicións materiais do ensino público e da sociedade no seu conxunto, as desigualdades tenderán a reproducirse, o cal tamén vén sendo unha regra xeral, ou faranse piores, coa globalización (que deslocaliza empresas e abre fronteiras ós inmigrantes), coa nosa (in)competencia lingüística e coa fenda dixital.

2 Xaneiro 2009 - Posted by | Education, Human Rights, Politics, Spain

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s