Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Magnitude aparente

A magnitude aparente é unha medida que encontramos nas táboas astronómicas e indica como percibe o noso ollo o brillo dun obxecto celeste. A nosa percepción depende da luminosidade da fonte, pero tamén da distancia á que se encontre esta e das interferencias con outras. De día non vemos máis estrela que o Sol. De noite, nas áreas urbanas, a contaminación lumínica dificulta a visión de estrelas e planetas.

É destacable que os obxectos con maior magnitude aparente no ceo nocturno carecen de luz propia: o primeiro é a Lúa. O segundo máis brillante da noite, que soe destacar nos crepúsculos matutino e vespertino, tampouco é unha estrela (aínda que o pobo a coñeceu como estreliña do luceiro). É o planeta Venus. O terceiro obxecto é normalmente o planeta Xúpiter (nalgunhas raras ocasións é o planeta Marte) e logo vén xa a primeira estrela, Sirio. Tamén se podería considerar nesta lista ó planeta Mercurio, pero é difícil de ver.

A observación do ceo levou a algunhas civilizacións a deixar rexistro de obxectos rechamantes que rivalizaron co brillo de Venus durante algún tempo. Hoxe sabemos que eran estrelas a estourar (supernovas), como a SN 185, a SN 1006, a SN 1054, a SN 1572 e a SN 1604.

Ás informacións pásalles como ós planetas e ás estrelas. Teñen unha “magnitude aparente” distinta da real porque percibímo-la súa luz determinados pola distancia e pola “contaminación lumínica” dos medios de comunicación…

9 Xaneiro 2009 - Posted by | Education, History, Science

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s