Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Ciclo de cine “A eterna loita: Israel vs Palestina”

Recibido do grupo local de Amnistía Internacional da Coruña:

Este xoves, día 5 de Marzo ás 19:30 horas, terá lugar o acto de inauguración do ciclo de cine “A eterna loita: Israel vs Palestina”. O lugar elixido para a presentación é a Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano, na que se proxectará, a continuación da presentación realizada por Ghaleb Jaber Martínez, a longametraxe Zona Libre, do recoñecido director Amos Gitai.

Ghaleb Jaber Martínez, comisario do Festival Amal e gran coñecedor do conflito pola súa orixe palestina, presentará o ciclo, composto por cinco películas:

  • Zona libre
  • Os limoeiros
  • Domicilio privado
  • Mal xesto
  • Promises

As cintas, emitiranse en semanas sucesivas, en sesión única os xoves e dobre os venres e os sábados. A través do punto de vista dos seus directores: Amos Gitai, Eran Riklis, Itshak Grad, Saverio Constanzo e Justine Shapiro, preténdese achegar aos espectadores á situación que se vive na actualidade en Israel e nos territorios palestinos ocupados. O ciclo está organizado polo Grupo Local de Amnistía Internacional e polo Concello da Coruña.

A charla inaugural de Ghaleb Jaber será de gran utilidade para comprender mellor as claves da confrontación ao tempo que brindará a súa análise crítica dos filmes; como gran experto que é en cine europeo e árabe.

Máis información sobre películas e horarios, tomada da páxina do Concello da Coruña:

FREE ZONE (Zona libre): 5, 6 e 7 de marzo
De Amos Gitai. Con Hanna Laszlo.
Bélxica-España-Francia-Israel, 2006 – 1h 36 min – V.O.S. en castelán TODOS OS PÚBLICOS

ETZ LIMON (Os limoeiros): 12, 13 e 14 de marzo
De Eran Riklis. Con Ali Suliman.
Israel, 2008 – 1 h 46 min – V.O.S. en castelán – TODOS OS PÚBLICOS

PRIVATE (Domicilio privado): 19, 20 e 21 de marzo
De Saverio Costanzo. Con Mohammed Bakri.
Italia, 2004 – 1 h 38 min – V.O.S. en castelán – NRM 13 anos

TNUAH MEGUNA (Mal xesto): 26, 27 e 28 de marzo
De Itshak Grad. Con Gal Zaid.
Israel, 2006 – 1 h 36 min – V.O.S. en castelán – NRM 18 anos

PROMISES: 2, 3 e 4 de abril
De Justine Shapiro. Documental.
Estados Unidos, 2001 – 1 h 46 min – V.O.S. en castelán – TODOS OS PÚBLICOS

4 Marzo 2009 - Posted by | Amnesty International, Galicia, Human Rights, Israel, Palestine, Politics, Visual arts

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s