Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Firefox segue a medrar

A porcentaxe de usuarios de internet que navegan con Mozilla Firefox medrou ata un 22,5% en todo o mundo. Microsoft Internet Explorer non frea o seu descenso a pesar das milloras que introduciu na recentemente publicada versión 8. Estas son as cifras de abril para os catro navegadores máis usados, tomadas de Browser Market Share by Net Applications:

  • Microsoft Internet Explorer: 66,10%
  • Mozilla Firefox: 22,48%
  • Apple Safari: 8,21%
  • Google Chrome: 1,42%

Pero se miramos estatísticas por países, vemos que hai algúns onde Firefox supera a IE e mesmo pasa do 50%. Estes datos son tamén do mes de abril e tomeinos do Blog of Metrics de Mozilla, en concreto da anotación “Latvians Love Firefox”:

  • Indonesia: 63,9%
  • Macedonia: 58,2%
  • Poland: 54,9%
  • Bosnia and Herzegovina: 54,7%
  • Slovenia: 54,2%
  • Slovakia: 52,5%
  • Philippines: 51,2%
  • Latvia: 50,2%
  • Finland: 49,4%
  • Ghana: 47,9%
  • Hungary: 47,9%

P. S. (8 – VIII – 2009). Aínda que eu manteño aquí as cifras que se publicaron no seu día, a nova metodoloxía de Net Applications fixo cambiar estas cifras retroactivamente. Ver: “Net Applications stats retroactively changed: now weighted by country”.

2 Maio 2009 - Posted by | Mozilla Firefox, Software

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s