Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Xermolos dunha poesía futura

Con motivo do “Día das Letras Galegas” fixemos na escola un certame literario. Os meus alumnos de terceiro de Primaria sorprendéronme coa calidade dos seus traballos, improvisados nun folio en media hora. Aquí van dous poemas marabillosos, que seleccionei para o primeiro premio ex aequo dentro do seu nivel. Podemos sinalar neles forma, rima, métrica ou recursos estilísticos, pero o importante é que estes textos, e as súas autoras, levan en si o xermolo da auténtica poesía, “arma cargada de futuro”.

Este é o de Rebeca:

Unha rosa florecida
non se pode afogar.
Dous paxariños namorados
non se poden odiar.

Cando o outono chega
as follas caen.
Cando o outono chega
as árbores póñense a chorar.

E estoutro é o de Natalia:

A nena está na praia.
A nena está na casa.
A nena é tan bonita
que todos van a atrapala.

Non a deixan acostar
e tampouco levantar.
Non te manches na praia
con tinta de calamar.

17 Maio 2009 - Posted by | Education, Galicia, Language, Literature, Poetry

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s