Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Triacastela: restos dos primeiros “Homo sapiens” de Galicia

Noticia arqueolóxica sobre os primeiros Homo sapiens de Galicia, que me sinalou (graciñas) un alumno. Tómoa de Xornal de Galicia e de La Voz de Galicia.

Triacastela revela a primeira presenza do humano moderno en Galicia (Xornal de Galicia, 20 – V – 2009)

Investigadores do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste da Universidade de Santiago (USC) recollen nun estudo que o depósito da Cova de Eirós, en Triacastela (Lugo), revela a primeira presenza de humanos modernos en Galicia.

Segundo indicaron, o depósito conserva a única secuencia do noroeste onde se pode estudar a transición entre os últimos neandertais e os primeiros humanos modernos, achegando grande información sobre os seus modos de vida, estratexias de caza e subsistencia destas dúas especies de homínido.

Os investigadores deste grupo da USC traballan na escavación deste cova xunto cun equipo do Institut Catalá de Paleoecología Humana i Evolució Social (IPHES) [Universitat Rovira i Virgili], Tarragona; [ver canal en YouTube]. Destacaron que os traballos desenvolvidos revelan a importancia deste depósito para o estudio dos modos de vida dos neandertales no Paleolítico medio.

A industria lítica e as novas datacións realizadas nun nivel superior da cova indican a existencia dunha ocupación humana que se remonta a hai uns 30 000 anos, xa nos inicios do Paleolítico Superior. Este mesmo nivel da cova se relaciona co Auriñaciense, período no que os primeiros humanos modernos chegan ao continente europeo.

A datación da Cova Eirós axudará, segundo precisaron os investigadores á axencia Efe, a completar a secuencia do Paleolítico Superior en Galicia. Estes depósitos en covas ofreceron “grande información” sobre os modos de vida dos humanos modernos, tanto no referente ás súas estratexias de caza, coma a modos de fabricación de ferramentas.

Segundo manifestaron os investigadores desta escavación, á fronte da que se atopa o profesor Ramón Fàbregas, existen grandes expectativas fronte ás próximas intervencións, “así como polos resultados que proporcionará a realización dun programa de datacións cunha técnica, a OSL, que pode ofrecer o marco cronolóxico das ocupacións paleolíticas nas covas de Galicia e dos depósitos ao aire libre da Depresión de Monforte de Lemos”.

El yacimiento cromañón de Triacastela tiene más de 30 000 años (La Voz de Galicia, 20 – V – 2009)

El carbono 14 lo sitúa como el rastro del «Homo sapiens» más antiguo de Galicia.

Francisco Albo

Dos huesos de ciervo han permitido datar con el método del carbono 14 el rastro más antiguo conocido hasta ahora en Galicia del hombre de Cromañón -el Homo sapiens moderno-, al que se asignó una antigüedad de más de 30 000 años. Estos huesos fueron hallados el pasado verano en Cova Eirós (Triacastela), junto con varios artefactos de la llamada industria auriñaciense. El yacimiento es el más occidental de ese período que se conoce en la cornisa cantábrica.

El hallazgo, realizado por el Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste de la Universidade de Santiago, reviste especial interés científico debido a que en el mismo lugar se descubrió también el único yacimiento gallego del hombre de Neandertal ubicado en una cueva. Este hecho excepcional -en la Península son contadísimos los lugares que contienen un yacimiento cromañón y otro neandertal- permitirá a los investigadores comparar las estrategias de supervivencia de estas dos especies en un mismo territorio y estudiar cómo se adaptaron a las diferentes condiciones climáticas y ambientales que se dieron durante la prehistoria.

El yacimiento auriñaciense de Cova Eirós data de la primera etapa del Paleolítico superior, un período de transición en el que el Homo sapiens colonizó Europa occidental mientras el hombre de Neandertal, que habitó el continente durante unos 170 000 años, se volvía cada vez más escaso. En esa época -según los actuales conocimientos- los neandertales ya habían desaparecido del área cantábrica, pero aún quedaban algunos reductos de esta especie en el sur de la Península, donde se extinguieron hace unos 29 000 años. La edad del yacimiento neandertal de Triacastela se sabrá dentro de unos meses, cuando terminen los análisis radiométricos que se están realizando con la técnica de la termoluminiscencia, que permite retroceder en el tiempo mucho más que el carbono 14.

20 Maio 2009 - Posted by | Education, Galicia, History, Science

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s