Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Queren censurar a Andrés Torres Queiruga

Non escribo demasiado sobre relixión. Son un dos millóns de crentes orfos por falta dunha igrexa ecuménica, plural e inclusiva, onde ninguén teña o monopolio sobre o verdadeiro. A católica e as protestantes polas que pasei adoecen de moitos defectos, entre eles quizá o maior sexa unha terrible e absurda fixación cos “libros” (a Biblia e a literatura derivada). Aínda fan máis o ridículo (desde o punto de vista humano e intelectual) arrogándose a exclusiva capacidade para “interpretar eses libros” rectamente.

Escribo hoxe porque aparece como noticia en varios medios de comunicación que unha especie de Inquisición española quere condena-la obra (signifique iso o que signifique) dun teólogo galego, Andrés Torres Queiruga. Cando un descobre que hai no mundo teólogos, filósofos, poetas… pode pensa-lo mesmo que aquel matador de touros que, coñecendo a Ortega y Gasset, exclamou hay gente pa tó. Pero que aínda haxa xente que se dedique a censura-lo seu pensamento, cando este é constructivo e non incita a violencia de ningún tipo, chega a encadrarse no ocioso ou no patolóxico.

Aí van os enlaces que encontrei sobre a noticia:

Recordo o que dixen hai tempo sobre o blog “Redes Cristianas”:

[…] Sempre me pareceu que hai xente moi boa nestes grupos de crentes, pero non entendo dúas cousas.

A primeira, como é que aínda non os botaron fóra. A iso eu respondo cunha hipótese: a Igrexa Católica quere chegar a tódolos recunchos da sociedade, “contaminalo” todo, convenlle dar unha imaxe de pluralidade e ademais obtén réditos do labor social desinteresado que fan estas persoas.

A segunda, como é que non se botaron eles fóra. Para iso non teño hipótese razonable ningunha. A non ser que padezan “síndrome de Estocolmo”, ten que ser insoportablemente alienante a contradicción entre a fe comprometida desta xente e o dogmatismo, o machismo e a ausencia de compromiso social da hierarquía…

Aínda correndo o risco de empregar un discurso demasiado superficial, ¿por que tantos cidadáns de a pé din (ou dicimos) “crer en Deus pero non nos curas”?

11 Xuño 2009 - Posted by | Galicia, Religion, Spain

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s