Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Por que votamos a Silvio Berlusconi (et non solum)

A arte, e penso que o millor humor gráfico atinxe tal categoría, é un dos vehículos máis eficaces e sutís para comunicar esencias humanas que non se poden expresar por outros camiños. Traio hoxe unha viñeta do Viñetódromo, orixinalmente publicada por Miquel Ferreres i Duran (El Periódico de Catalunya, 9 – VI – 2009) que satiriza ó multimillonario e político italiano Silvio Berlusconi e dá, a un tempo, unha aguda visión dun dos mecanismos que sustentan a nosa pseudodemocracia neoliberal:

cartoon sobre Berlusconi

¿Por que perduran entre nós a corrupción, o caciquismo, o enchufismo, o capitalismo en fin? Porque case todos nos beneficiamos (ou beneficiamos a alguén) algunha vez con esa corrupción ou esperamos poder facelo nun futuro. O “soño americano”, a promesa de que calquera pode medrar, fala directamente ó noso egoísmo máis íntimo, consciente ou inconsciente, e paraliza a rebelión contra un statu quo claramente inxusto. Outro día terei que ampliar esta reflexión falando de enxeñería social, de B. F. Skinner e doutras materias que algúns xulgan ciencia-ficción pero que constitúen claves do comportamento humano…

13 Xuño 2009 - Posted by | Humour, Politics

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s