Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Alberto Armada: “Licencia para avaliar”

Alberto Armada publicaba onte, no seu blog sobre educación e novas tecnoloxías, unha queixa ou reflexión que compartimos moitos profesores de Galicia: despois da propaganda que políticos de tódalas cores fixeron sobre o software libre, chega o momento de poñe-las notas no programa de xestión académica da Consellería (XADE) e non se pode acceder co navegador Mozilla Firefox nin co Google Chrome. Vaia, que necesitamos licencia [de Microsoft] para avaliar

mensaxe XADE

Isto é o que pon a mensaxe: “Este servizo web non é compatible co seu navegador, estamos a traballar para lograr a maior compatibilidade posible. Agradecémoslle a súa paciencia, e desculpe as molestias.”

O malo é que ás “molestias” pagadas con cartos públicos hai quen lles chama malversación, prevaricación, suborno… Polo menos desde que hai leis que obrigan ás administracións a face-los servizos accesibles, como comentei hai ano e medio na miña anotación sobre o Real Decreto 1494/2007.

17 Xuño 2009 - Posted by | Education, Galicia, Mozilla Firefox, Politics, Propaganda, Software

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s