Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Rumsfeld (2001): a falacia das cluster bombs lanzadas sobre Afganistán

Xa encadeo tres anotacións sobre cluster bombs. Esta é para facer un pouco de Historia. Copio o extracto dunhas repugnantes declaracións realizadas polos máximos responsables, político e militar, do lanzamento de bombas de fragmentación sobre Afganistán (fonte: CNN, 1 – XI – 2001).

Aí estaban, político e militar, para xustifica-lo inxustificable, aproveitando que os cidadáns dos Estados Unidos e de boa parte do mundo occidental estaban nun shock a causa dos atentados do 11 de setembro, hipersensibilizados e a un tempo desensibilizados polo terror e pola indignación que a propaganda se encargou de exacerbar.

Cando ó xeneral Myers lle preguntan polo impacto das bombas de fragmentación, limítase a recorda-lo impacto dos atentados, como se calquera medio se puidese empregar, indiscriminadamente, para responder a unha agresión. ¿Por que non a bomba atómica, xa postos? Esta lóxica tan inhumana levou ós Estados Unidos á detención de centos de sospeitosos sen cargos, avogado nin xuízo durante anos, en Guantánamo e outros lugares, a torturas e a “desaparicións”…

Cando a Rumsfeld lle preguntan polo uso das bombas de fragmentación usa, aparentemente, esa mesma lóxica. ¿Para que as usamos? Para matar talibáns. Sen embargo, Rumsfeld sabía que esas armas (que matarían e mutilarían civís durante anos) eran completamente inadecuadas para matar talibáns, afeitos á guerra de guerrillas e que aínda hoxe, oito anos despois, seguen a perpetrar atentados.

A falacia de Rumsfeld oculta unha lóxica moito máis perversa. A función das cluster bombs é unha das máis antigas e groseiras formas de enxeñería social: causar baixas no bando talibán, pero non porque haxa miles de mortos e mutilados (que tamén), senón porque os campos sementados de minas non dan de comer, millóns de civís aterrorizados abandonarán os seus fogares e posiblemente desertarán e provocarán a caída do Goberno. Por suposto, algúns tomarán as armas e uniranse ós terroristas, pero iso está máis que previsto. A opinión pública occidental non entenderá ese efecto porque nunca se lle explicou a causa

Sinálase tamén no extracto unha coincidencia desgraciada e macabra: os paquetes con comida que lanzaban desde o aire eran amarelos e as submunicións dispersadas polas bombas eran tamén amarelas.

[…] In Washington, U.S. Defense Secretary Donald Rumsfeld and Gen. Richard Myers, chairman of the U.S. Joint Chiefs of Staff, defended the use of cluster bombs during airstrikes. International aid organizations have called on the United States to stop using the weapon in Afghanistan.

A cluster bomb scatters hundreds of smaller “bomblets” over a wide area. The bomblets also happen to be the same color yellow as the humanitarian rations that U.S. planes are dropping to Afghan civilians. Aid organizations fear that civilian casualties will result from people mistakenly picking up an unexploded cluster bomblet.

The color of future food packets will be changed to blue, Myers said, adding it was “unfortunate” that the color was the same. He said leaflets are being dropped that explain to Afghan civilians the difference between the two, spelling out which ones to pick up and which ones to avoid.

Myers said the Pentagon is matching specific weapons with specific targets and in some cases, that means U.S. planes will drop cluster bombs.

“We understand the impact of those,” he said. “I would take you back to September 11; we also understand the impact of that.”

Rumsfeld added that cluster bombs are “being used on frontline al Qaeda and Taliban troops to try to kill them is why we’re using them, to be perfectly blunt.”

The Pentagon also has said military planners are doing everything they can to minimize civilian casualties in the airstrikes. […]

Un ano máis tarde, Human Rights Watch publicou un informe con algúns datos sobre as víctimas desta política, baixo o título “Fatally Flawed: Cluster Bombs and their Use by the United States in Afghanistan”

Outros enlaces sobre minas e bombas de fragmentación:

23 Xuño 2009 - Posted by | Afghanistan, Human Rights, Human Rights Watch, Landmines, Politics, Propaganda, United States

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s