Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Páxina web da Asociación Irimia

Moitos galegos coñecen a revista Irimia, unha publicación peculiar, que chama a atención porque mestura a fe católica co galeguismo, e porque defende ás veces posturas disonantes (ou polo menos esa é a primeira percepción) coas propostas “oficiais” da hierarquía. Aínda que eu non son católico, estiven subscrito a ela durante algún tempo, e mesmo aceptaron publicar un artigo meu sobre os presos. Iso foi a mediados dos noventa. Desde o ano 2000, Vieiros fíxolle sitio a unha edición electrónica da revista, no Canal Irimia.

Outros moitos galegos coñecerán a Romaxe de Crentes Galegos… Hoxe descubrín que os promotores da revista, da romaxe e dalgunhas cousas máis andan a construír unha páxina web propia: Asociación Irimia. Copio un extracto da súa presentación:

[…] Aínda que ciscados, había moita xente en Galicia que se identificaba cun, digamos, proxecto vital que discorre entre as doutrinas do Evanxeo e o sentimento de pertenza á Galeguidade e que tratan de asumir no seu estilo de vida palabras coma diálogo, tolerancia, solidariedade, loita pola liberdade, a xustiza e a paz. Deuse en chamarlles “crentes galegos”.

A “Asociación Irimia” foi fundada en 1978. Desde aquela veu arroupando diversas actividades na liña de promover unha galeguidade cristiá, solidaria cos máis débiles e en diálogo con calquera persoa ou colectivo comprometidos nos mesmos valores. […]

Sei que non sempre é xusto facer listas, nin negras nin brancas, porque as “listas” levámolas todos (somos “a raias” como as cebras), pero quero que consten algúns nomes. Coñecín xente moi boa en Irimia e quedáronme débedas impagables, intelectuais e espirituais, con Xosé Chao Rego e Xosé Antón Miguélez Díaz. Tamén debo mencionar a Daniel López Muñoz, aínda que non o coñezo en persoa, pois a súa combativa prosa foi durante anos unha bendición para min.

29 Xuño 2009 - Posted by | Galicia, Human Rights, Politics, Religion

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s