Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

GeoCities is closing

Foi o primeiro aloxamento da miña web, desde o 1999 ata o 2006, e aínda están alí moitos contidos interesantes que centos de miles de persoas puxeron nel sen ánimo de lucro. Falo de GeoCities, o servizo gratuíto de aloxamento de páxinas persoais que Yahoo! cerrará, segundo anunciou, o próximo 26 de outubro. Xa se sabía hai tempo (ver enlaces abaixo), pero a min acaban de notificarmo por correo agora. Doulle publicidade á noticia para que os arquivos que alí queden poidan ser rescatados…

GeoCities chegou a ser número 3 por número de visitas na internet do 1999, so por detrás de AOL e Yahoo! Se hoxe procuramos servizos comparables na lista de Alexa, encontramos Facebook no número 4, Blogger no 8, Myspace no 11, Twitter no 19 e WordPress no 21. Yahoo! comprou GeoCities en plena dot-com bubble porque era moi popular pero, ó non saber facer negocio con el, foino matando, ou deixando que morrese, lentamente. Con todo, GeoCities aínda está entre os douscentos sitios máis visitados segundo a citada lista. Pero pouco importa xa se morre de morte morrida, de morte matada ou dunha mestura das dúas: GeoCities xa é Historia.

Enlaces relacionados:

10 Xullo 2009 - Posted by | History

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s