Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Firefox tips and tricks

Empecei a usar Mozilla Firefox cando aínda se chamaba Mozilla Firebird e desde entón nunca deixou de se-la miña primeira opción para navegar por internet. É seguro. É estable. É versátil (principalmente polas súas extensións). É rápido. É software libre. É gratuíto. É multiplataforma. Cumpre cos estándares web. Todo isto está garantido porque hai unha numerosa comunidade probando e millorando o navegador cada día (visitade por exemplo os foros de MozillaZine).

Hoxe encontrei a páxina Firefox browser tips and tricks, da que extraio algúns “atallos de teclado” (keyboard shortcuts) útiles, todos eles mantendo presionada a tecla CTRL (control):

  • F to FIND as you type
  • L to move cursor to LOCATION bar (related: K or E to move cursor to the search box)
  • + to zoom in (related: to zoom out and 0 to zoom reset)

P. S. Pregunta frecuente: ¿por que vexo interrogantes ou símbolos raros onde debería haber tildes e outros caracteres alleos ó inglés? Solución: Ver –> Codificación de caracteres –> pasar de Unicode (UTF-8) a Occidental (ISO-8859-1) ou vice versa.

17 Xullo 2009 - Posted by | Mozilla Firefox, Software

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s