Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

As bibliotecas na Galiza da II República e a súa destrución durante a Guerra Civil

Copio a continuación as reseñas que encontrei sobre o libro O fulgor e as tebras. As bibliotecas na Galiza da II República e a súa destrución durante a Guerra Civil, escrito polo bibliotecario e historiador Francisco Xavier Redondo Abal, e publicado por Laiovento (ISBN: 9788484871538).

“A Inquisición dos libros” (Galicia Hoxe, 14 – VII – 2009)

Os sublevados destruíron as bibliotecas creadas na República para tentar frear a instrución popular en marcha.

M. DOPICO . Santiago.

“A orillas del mar, para que el mar se lleve los restos de tanta podredumbre y de tanta miseria, la Falange está quemando montones de libros y folletos de criminal propaganda comunista y antiespañola y de repugnante literatura pornográfica”. Así informou o diario El Ideal Gallego, no 1936, da queima de libros na Coruña, que Manolo Rivas novelou en Os libros arden mal. A biblioteca do coruñés Centro de Estudos Sociais Germinal, a entidade máis emblemática das organizacións socioculturais libertarias de Galicia, que a finais da Segunda República contaba con 8 000 volumes, foi reducida a cinzas no peirao da cidade tras o Golpe de Estado.

O investigador Francisco Xavier Redondo Abal recolleu nun libro que acaba de publicar Laiovento a historia das bibliotecas coma esta, que naceron ou viviron un período de apoxeo na Segunda República e foron destruídas durante a Guerra Civil porque “os grupos tradicionalmente conservadores” viron unha “ameaza aos seus privilexios seculares” no intento do rexime republicano de achegar a cultura ás clases populares desde unha concepción da mesma contraria a un “modelo de organización social” que “partía dunha valoración da cultura e da educación onde primaban os conceptos elitistas e conservadores, mesmo reaccionarios” (….).

O fulgor e as tebras. As bibliotecas na Galiza da II República e a súa destrución durante a Guerra Civil é o título deste libro, no que Redondo, autor de varios ensaios sobre temas de memoria histórica e bibliotecario na Universidade de Santiago, explica que as autoridades republicanas percibían na ignorancia da poboación “un serio perigo para a estabilidade do Réxime”.

Así, e baixo a influencia da Institución Libre de Enseñanza, o Goberno creou, a través das Misións Pedagóxicas e da Junta de Intercambio y Adquisición de Libros para Bibliotecas Públicas, unha rede de novas bibliotecas escolares e municipais, que dotou con lotes de libros escollidos para achegarlles a lectura aos cidadáns. Entre o 1932 e o 1934, o Padroado das Misións Pedagóxicas creou en Galicia 405 novas bibliotecas, segundo os datos recollidos por Redondo.

Ademais, mantiñan as súas bibliotecas, xa desde antes da Segunda República, asociacións culturais e recreativas, ateneos, liceos, partidos, sindicatos obreiros e escolas rurais creadas co diñeiro que enviaban os emigrantes -Redondo salienta o labor de Antón Alonso Ríos, o Siñor Afranio, como unha das persoas que, daquela, máis traballaron en Galicia pola educación e a cultura coa convicción de que só así se podería rematar co privilexio, a arbitraridade, o caciquismo e o clericalismo e acadar unha sociedade libre, democrática, aconfesional e republicana-. Libertarios, e en menor medida socialistas e comunistas, sinala Redondo, entenderon a lectura como un xeito de mellorar a formación intelectual, política e moral dos obreiros.

Pero tras o Golpe de Estado e, segundo salienta Redondo, no contexto dunha estratexia de creación dun clima de terror entre a poboación, os sublevados ampararon con bandos, circulares, instrucións e ordes o roubo, saqueo e destrución dos libros e bibliotecas. No 1936, o delegado de Orde Pública da Coruña, Florentino González, asinou unha circular que ordenaba a queima dos libros dos centros obreiros.

A comisión depuradora de Santiago

No 1937, unha orde do presidente da Junta Técnica del Estado, Francisco Gómez, deu lugar á creación das “comisións depuradoras” dos centros de lectura, que se encargaron de retirar todos os libros “perigosos” que puideran sobrevivir ó saqueo realizado nos primeiros meses da guerra por, sobre todo, falanxistas e gardas civís. A Comisión de Cultura y Enseñanza organizou a depuración de todas as bibliotecas públicas e privadas a través dos distritos universitarios. En Galicia, subliña Redondo, foi o reitor Gil Casares o máximo responsable das actuacións da comisión depuradora de bibliotecas que actuou no país, dirixida por Pérez Bustamante e na que foi nomeado como auxiliar o escritor Torrente Ballester.

O autor, que escribiu este libro motivado pola falta dun estudo en Galicia sobre o tema, salienta tamén na súa obra o xeito no que foron expoliadas as bibliotecas privadas de persoas como Castelao ou Santiago Casares Quiroga. Libros do primeiro foron parar ao Museo de Pontevedra.

“Cuando los libros eran peligrosos” (La Voz de Galicia, 20 – VII – 2009)

Un estudio revela que la República abrió 405 centros lectores en Galicia. Un año después de que comenzase la Guerra Civil ya habían desaparecido 145.

Jesús Manuel García

El investigador pontevedrés Francisco Xavier Redondo Abal mantiene que hay que despreciar la idea de que Galicia fue una tierra inculta o apartada de la cultura general. Ello es así, dice, porque desde el 14 de abril de 1931 las autoridades republicanas facilitaron «os instrumentos e ferramentas que farían de Galicia un lugar máis instruído: as bibliotecas».

Y precisamente de bibliotecas va su libro O fulgor e as tebras. As bibliotecas na Galiza da II República e a súa destrución durante a Guerra Civil, que edita Laiovento. Redondo Abal ofrece un estudio que no es frecuente para ver cómo se crearon y destruyeron cientos de bibliotecas en Galicia.

En cofradías de pescadores

Entre 1932 y 1934 el Patronato de las Misiones Pedagógicas abrió en España 4 457 bibliotecas, de ellas, 405 en Galicia: 79 en A Coruña, 48 en Lugo, 123 en Ourense y 155 en Pontevedra. Además se abrieron bibliotecas en cofradías de pescadores, sociedades recreativas? y los visitadores informaban de forma muy positiva acerca de su funcionamiento. Entre estos estaba María Moliner.

Las Misiones Pedagógicas pretendían acabar con el oscurantismo cultural de la España para meterla de lleno en el siglo XX. La Junta de Intercambio y Adquisición de Libros (JIAL), señala el autor del libro, quería nutrir las bibliotecas con autores españoles, clásicos universales, libros propios de cada materia y títulos locales o comarcales.

Esta junta creó en Galicia 14 nuevas bibliotecas entre los años 1933 y 1934. Y hubo muchas más de colectivos no gubernamentales porque, indica Redondo, imperaba la idea de que las personas menos favorecidas tenían en la lectura de libros su liberación.

El peligro del libro

Pero todo cambió cuando la represión franquista vio en el libro un gran peligro. Hasta la orden de 16 de septiembre de 1937 hubo normas varias para legalizar de alguna manera los ataques a las bibliotecas, robadas, saqueadas.

La nueva orden trataba de limpiar la patria de libros y bibliotecas y crear un ambiente de terror, eliminando prensa, libros y folletos porque, argumentaban, atacaban la nueva moral.

La de Casares Quiroga perdió la mayor parte de sus 20 000 obras

La orden de 1937 la firmó el general Francisco Gómez Jordana para, dice Redondo, examinar con detalle toda biblioteca no destruida y retirar obras que supusiesen riesgo de propagación de ideas nocivas. Cada gobernador civil haría una lista de bibliotecas y se crearon comisiones de depuración en cada distrito universitario. La de Galicia investigó 260 bibliotecas. O sea, que 145 ya habían desaparecido. Por provincias, en A Coruña se depuraron 23 bibliotecas de 46. En Lugo, 33 bibliotecas, de las 83 que había. En Ourense, de las 41 que quedaban informaron de sus colecciones y se purgaron 23. En Pontevedra, ocurrió lo mismo con 34, de 90 que había. No se tocaban las religiosas.

Los mil libros de Galicia que tenía Castelao acabaron en la Biblioteca Pública de Pontevedra. Como los 1 036 de Osorio Tafall. Escandaloso fue el saqueo de la biblioteca de Casares Quiroga, con 20 000 libros, en 1936, que quedaron en 800 volúmenes en la Biblioteca Pública de A Coruña. Francisco Xavier Redondo señala que las bibliotecas arrasadas fueron parte de la herencia cultural dejada en Galicia por las tropas sublevadas.

Artigos relacionados:

P. S. (26 – VII – 2009). Acabei de ler este libro e vou copiar algunhas cousas que me chamaron a atención.

1. Extracto da publicación de Falange Española titulada “Arriba España” (Pamplona, 8 – VIII – 1936)…

Camarada, tienes la obligación de perseguir al judaísmo, a la masonería, al marxismo y al separatismo. Destruye y quema sus periódicos, sus libros, sus revistas, sus propagandas.

2. Extracto da circular asinada polo delegado de Orde Pública na Coruña, o tenente coronel da Garda Civil Florentino González Vallés (Boletín Oficial da Provincia, 14 – VIII – 1936)…

Las bibliotecas de todos los centros clausurados serán eliminadas, procediéndose a la quema de toda la prensa, libros y folletos de propaganda de ideas extremistas, así como la de temas sociales y pornográficos, y en general todos aquellos que de un modo más o menos claro encierren propaganda reñida con los principios de la buena moral, así como los que combatan la religión cristiana y católica, base del sentimiento religioso español.

3. Extracto da información sobre Ferrol aparecida no diario vigués El Pueblo Gallego o 18 – VIII – 1936…

En la Plaza de Armas fueron quemados, en la noche del domingo, libros pornográficos y de ideas extremistas, que habían sido recogidos por la policía. Anoche se verificó en la Plaza de Amboage un acto análogo.

4. Extracto da información aparecida no diario coruñés El Ideal Gallego o 19 – VIII – 1936…

A orillas del mar, para que el mar se lleve los restos de tanta podredumbre y de tanta miseria, la Falange está quemando montones de libros y folletos de criminal propaganda comunista y antiespañola y de repugnante literatura pornográfica.

5. Extracto da circular asinada o 12 – IX – 1936 polo gobernador civil de Pontevedra, o tenente coronel da Garda Civil Ricardo Macarrón Piudo, e aparecida en El Noticiero Gallego: revista de primera enseñanza de Pontevedra (nótese o parecido coa ameaza de Ibérico Saint-Jean)…

[Ante el] movimiento militar salvador de la Patria [no puede admitirse que los libros escolares contengan] no ya anti-religión o anti-patriotismo, sino ni siquiera tibieza en la expresión de estos grandes sentimientos.

6. Extracto do decreto número 108, asinado en Burgos o 13 – IX – 1936 polo xeneral Miguel Cabanellas Ferrer, presidente da Junta de Defensa Nacional, que declara…

[…] fuera de la ley todos los partidos y agrupaciones políticas o sociales que […] han integrado el llamado Frente Popular. […] Se decreta la incautación de cuantos bienes muebles, inmuebles, efectos y documentos pertenecían a los citados partidos o agrupaciones, pasando todos ellos a la propiedad del Estado.

7. Extracto da información aparecida no diario sevillano ABC o 26 – IX – 1936…

Los falangistas, al día siguiente de iniciarse el Alzamiento, recogieron en kioskos y librerías centenares de ejemplares que fueron quemados como merecían. Con posterioridad, los valientes y abnegados requetés realizaron una labor análoga.

20 Xullo 2009 - Posted by | Education, Galicia, History, Human Rights, Politics

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s