Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

I blog, therefore I am (blogueo, logo existo)

Escribir nun blog é como (antano) levar un diario ou caderno de bitácora, como (antano) lanzar unha botella ó mar (graciñas, Mario Benedetti, e graciñas, Suso de Toro), como (antano) recortar noticias dos medios impresos, como (antano e hogano) amaña-lo mundo en tres patadas, porque o falar non ten cancelas, porque vanitas vanitatum, et omnia vanitas.

Cando me preguntan por que o fago, contesto algunha das cousas que puxen máis arriba, pero sobre todo a min sérveme para deixar anotadas cousas (neste mundo sobre-des-informado), e non olvidarme, ou olvidarme menos, delas. E porque, tamén, nemo solus satis sapit

A cita de René Descartes Cogito, ergo sum, “penso, logo existo”, tradúcese frecuentemente en inglés como “I think, therefore I am”. Nesta viñeta (que tomo do Viñetódromo), o humorista Bob Gorrell di algo así como “blogueo, logo existo”. En latín sería, quizá, blogeo, ergo sum

I blog, therefore I am (cartoon by Bob Gorrell)

Certamente é este un mundo egocéntrico (e tecnocéntrico ata a escravitude: recordo agora unha viñeta de Eneko que trouxen a este blog) así que desconectemos por hoxe.

20 Xullo 2009 - Posted by | Humour, Philosophy

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s