Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Windows 7

Microsoft está a traballar duramente para que o lanzamento do sistema operativo Windows 7 resulte un éxito. Xa o enviaron aos fabricantes de computadoras e prevén que chegue ao mercado o 22 de outubro.

Non será difícil millorar o lamentable inicio do Windows Vista, sistema operativo que rexeitaron miles de usuarios corporativos e que para millóns de usuarios domésticos foi unha tortura. De feito, nunca chegou á sola do zapato do XP… No mes de maio do 2009 estes foron os sistemas operativos máis usados, segundo Market Share by Net Applications:

  • Windows XP: 61,54%
  • Windows Vista: 24,35%
  • Mac OS X 10.5: 6,39%
  • Mac OS X 10.4: 2,49%
  • Windows 2000: 1,06%
  • Linux: 0,99%

Aínda que é probable que os consumidores do “primeiro mundo” nos beneficiemos con estes esforzos de Microsoft, permítome dubidar do seu afán filantrópico. O mercado dos netbooks precisaba dun sistema operativo lixeiro e Vista non cumpría os requisitos. No circo comezaron a medrar os ananos, principalmente Linux.

Ademais, un dos principais competidores de Microsoft, Google, anunciou que está a desenvolver un sistema operativo gratuíto e de código aberto, Google Chrome OS. E este movemento do mercado, que tampouco é tan filantrópico como parece, quizá manque un pouco máis. Repito: o cambio máis apreciable será que no “primeiro mundo” habemos ver un Windows millor e máis barato, xa confirmaron que teremos family packs

P. S. (4 – IX – 2009). As estatísticas de Market Share by Net Applications aparecen agora de forma diferente. Houbo un cambio retroactivo na súa metodoloxía, que reequilibra as cifras segundo o peso relativo dos distintos países.

Copio as cifras máis recentes (agosto). Non se poden comparar coas de maio debido ao mencionado cambio de metodoloxía, pero tamén mostran claramente que, a dous meses do lanzamento de Windows 7, Windows Vista non conseguiu vender como Windows XP. Chama a atención que Windows 7 ocupe o cuarto posto so coas versións beta, ¡antes de saír ao mercado! Realmente había usuarios cansos do Windows Vista…

  • Windows XP: 71,79%
  • Windows Vista: 18,80%
  • Mac OS X 10.5: 3,45%
  • Windows 7: 1,18%
  • Mac OS X 10.4: 0,99%
  • Linux: 0,94%
  • Windows 2000: 0,93%

P. S. (12 – VIII – 2010). En so nove meses desde o lanzamento oficial, Windows 7 superou a Windows Vista… era visto. Cifras de xullo do 2010 segundo a mesma fonte…

  • Windows XP: 61,87%
  • Windows 7: 14,46%
  • Windows Vista: 14,34%
  • Mac OS X 10.6: 2,48%
  • Mac OS X 10.5: 1,82%
  • Linux: 0,93%

24 Xullo 2009 - Posted by | Software

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s