Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

MuseScore 0.9.4 and MuseScore 0.9.5 RC

Hai moitos anos que escribo música cun programa “de pago”, o NoteWorthy Composer, que ten unha boa relación calidade-prezo, pero que so funciona en Windows e quedou estancado no seu desenvolvemento. De feito, o mercado preferiu outros programas de notación máis “profesionais” (e moito máis caros) como Finale ou Sibelius. Os usuarios de Linux tiñan desde hai tempo unha alternativa gratuíta, o Lilypond, que a min me pareceu moi bo pero un pouco difícil de aprender.

Agora acabo de encontrar, no blog “Pizarra dixital”, o enlace cun programa que pode revoluciona-lo meu xeito de escribir, compartir e ensinar música. Levo moitos anos, como digo, esperando algo así. Falo do MuseScore, software libre de composición e notación musical desenvolvido por Werner Schweer (e outros, como é natural tratándose de software libre). Copio a súa presentación en inglés (tamén hai versión en galego)…

MuseScore is a free cross platform WYSIWYG music notation program, licensed under GNU GPL. Some highlights:

  • WYSIWYG, notes are entered on a “virtual note sheet”
  • Unlimited number of staves
  • Up to four voices per staff
  • Easy and fast note entry with mouse, keyboard or MIDI
  • Integrated sequencer and FluidSynth software synthesizer
  • Import and export of MusicXML and Standard MIDI Files (SMF)
  • Platform independent code, binaries available for Windows, Mac and Linux
  • Available in 19 languages
  • GNU GPL licensed

Aínda é un pouco inestable, pero está en proceso de desenvolvemento (versión 0.9.4) e o programa promete, e cumpre… :-)

MuseScore screenshot

P. S. (28 – VII – 2009). Dinme no foro de MuseScore que a recente versión MuseScore 0.9.5 release candidate é moito máis estable, e aconsellan que desinstale a 0.9.4 e instale esta. Seguiremos informando.

27 Xullo 2009 - Posted by | Education, Music, Software

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s