Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Nomes e voces

Acabo de coñece-lo proxecto de investigación “Nomes e Voces”, que naceu no 2006, a través dun convenio das tres universidades galegas (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e Universidade da Coruña) coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, co obxectivo de estuda-la represión en Galicia durante o golpe de Estado do 1936, a guerra civil e os inicios da dictadura.

Hoxe presentaron a base de datos das víctimas. Copio un extracto da nota de prensa onde se anuncia a presentación:

[…] A base de datos que presentamos dista de ser definitiva, nin polo número, nin polo tempo que durou a represión da ditadura, nin polas formas que esta adquiriu pero todos os datos que presentamos están criticados, cruzados entre diferentes fontes e sometidos polo tanto a unha contrastación e validación que non sempre é doada. Expedientes dos procesos xudiciais (2 608-máis de 400 000 páxinas), rexistros civís dos concellos (310), fonte oral (100 entrevistas das 450 que posúen os fondos do proxecto, e o resto seguirán a incorporarse) e traballos publicados por diferentes autores nas últimas décadas (52).

Este traballo signifícase como unha das iniciativas de recuperación da memoria da represión e do franquismo máis completas no conxunto do Estado. Nos próximos anos, a equipa do proxecto, dirixido polo catedrático de Historia Contemporánea Lourenzo Fernández Prieto e coordinado por Emilio Grandio (A Coruña), Mª Jesús Souto (Lugo), Julio Prada (Ourense), Dionisio Pereira (Pontevedra) e Xosé Manoel Núñez (Galicia Exterior) ampliará, nunha segunda fase de desenvolvemento da investigación a cronoloxía das súas pescudas abordando os primeiros anos da instauración da réxime franquista a partires de 1940. […]

29 Xullo 2009 - Posted by | Galicia, History, Human Rights, Politics, Spain

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s