Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

LenMus Phonascus

Acabo de encontrar, no blog “Pizarra dixital”, o enlace cun programa que pode ser moi útil en educación musical. Falo do LenMus Phonascus, software libre e gratuíto que vai pola versión 4.0 e que desenvolve un equipo dirixido por Cecilio Salmerón baixo a GNU General Public License. Polo momento funciona en Windows e Linux. Hai versións para varios idiomas, entre eles o galego (traducido por Emilio Mesías e Xema Sanxurxo Rodríguez).

Algunhas das funcións e exercicios que inclúe o programa:

  • Comparación, identificación e construcción de intervalos
  • Identificación de acordes, escalas e cadencias
  • Identificación e construcción de armaduras
  • Asimilación e práctica da lectura rítmica
  • Prácticas de solfexo: partituras compostas polo programa; nunca se repiten
  • Aprendizaxe de claves
  • Editor, aínda en beta, que permite escribir, executar e imprimir partituras

editor de partituras do LenMus

31 Xullo 2009 - Posted by | Education, Music, Software

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s