Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Jakintza Ikastola

Vexo na bitácora de Ángel Vázquez Hernández que o Goberno vasco compra 20 000 miniportátiles para uso escolar con Microsoft Windows e Microsoft Office. É un escándalo que en tempo de crise, habendo alternativas libres e gratuítas, as computadoras leven un sistema operativo de pago e de código pechado, que secuestra ós usuarios cun único servizo técnico autorizado.

¿Será posible que o lehendakari dixese que os programas de Microsoft son os únicos que están en vasco? Como non pode ser ignorancia, unha declaración así so pode ser hipocrisía pura. Non é tan difícil traducir OpenOffice.org… incluso hai versión en galego, e de feito xa hai OpenOffice.org en euskara. Para o sistema operativo, encontramos unha gráfica refutación na Jakintza Ikastola de Ordizia:

Aquí os rapaces facendo un pouco de publicidade viral barata. Profes: hai que coidar cada detalle… :-/

P. S. Sobre as mentiras do lehendakari, aquí van dous vídeos que tomo do artigo Señor López, ¿realmente apoya el software libre? (segunda carta) aparecido no blog medinapatasarriba.com.

Primeira mentira: “los ordenadores van a tener un arranque dual, Ubuntu con OpenOffice o Windows con Microsoft Office” [isto pode facerse máis tarde, digamos que é unha verdade a medias] …

Segunda mentira: “se ha elegido el software de Microsoft porque es el único que estaba en euskera” [esta mentira é das que fan medra-lo nariz de Pinocchio] …

P. S. Lede tamén “Patxi López (me) defrauda”, artigo que sobre esta cuestión escribiu o profesor Pablo Garaizar Sagarminaga.

14 Agosto 2009 - Posted by | Education, Software, Spain

1 comentario »

  1. Paréceme incrible, que un goberno democrático teña que pasar polo aro das transnacionais!
    Agora hai tódalas excusas posibles (crise, etc) para evitar pagar por algo que é gratuíto.

    Como poden ser tan incompetentes?

    E a ver como se fai aquí…

    Comentario por Marcos | 22 Agosto 2009


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s