Blog de César Salgado

Os papeis terman do que lles poñen, e internet nin che conto…

Consellería de Educación: concurso para migrar a software libre o servizo de correo

Unha noticia esperanzadora, publicada hoxe mesmo en Mancomún (Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia): “A Consellería de Educación saca a concurso a migración a software libre do seu servizo de correo”

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia acaba de sacar a concurso o servizo de migración da súa plataforma de correo electrónico corporativo cara a unha arquitectura baseada en software libre. O anuncio foi publicado no DOG do día 1 de setembro. O concurso está dotado cun importe de 180 000 € con I.V.E. e na seguinte ligazón pódense atopar os pregos das condicións técnicas e das cláusulas administrativas.

Algúns dos requirimentos desta contratación son:

  • O desenvolvemento e implantación dunha solución baseada en software libre para a plataforma de correo electrónico da consellería que deberá incluír o servizo frontal de correo, o servizo de antispam, o servizo de antivirus, o servizo de caixas de correo e o servizo de webmail.
  • A migración da plataforma actual de correo cara á nova solución de xeito que o usuario non perda ningún tipo de información asociada coa súa conta de correo electrónico
  • Integración dunha interface web accesíbel segundo o estándar WAI-AA da W3C.
  • O mecanismo de autenticación da solución deberá integrarse totalmente co sistema LDAP corporativo baseado en OpenLDAP.
  • Os mecanismos de comprobación do estado do servizo deberán integrarse co sistema de monitorización Nagios.

A plataforma de correo electrónico corporativo proporciona servizo aos centros educativos, profesorado, alumnos e servizos centrais da consellería cun total de 50 000 contas de correo electrónico, xestionando máis de 1 200 000 mensaxes diarias.

A previsión da consellería é que estas cifras aumenten considerablemente nos vindeiros anos. Isto é debido á tendencia crecente da consellería a basear os procedementos administrativos en contas de usuario, as cales levan implicitamente asociada unha caixa de correo.

Máis información no DOG do 1 de setembro de 2009.

2 Setembro 2009 - Posted by | Education, Galicia, Politics, Software

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s